Programa de xestión forestal, do monte á factura
GeoParcel é un programa forestal na nube que reúne nunha soa conta o que unha empresa do monte leva hoxe en papeis, follas de cálculo e webs de organismos: as parcelas, os permisos, a madeira comprada e cortada, o seu transporte e o que se cobra e se paga. Úsase dende o navegador do móbil ou do ordenador, sen instalar nada.
Programa de xestión forestal
- Parcelas do catastro e do SIXPAC no mapa, coas súas medidas
- Proxectos cos seus propietarios, os seus documentos e os seus permisos de corta
- Lotes de compra e pilas no mapa, coas toneladas de cada especie
- Transporte de madeira con portal gratuíto para os transportistas e carta de porte dixital (DeCA)
- Declaración EUDR e certificación FSC e PEFC de cada carga
- Liquidacións de operarios, transportistas, clientes e provedores
- Cubicación forestal a partir das medicións de campo
Crea a túa conta Comeza dende o navegador, sen instalar nada.
Preguntas frecuentes
Que é un programa de xestión forestal?
É un programa informático para levar o traballo dunha empresa do monte: onde están as parcelas, que permisos teñen, canta madeira se corta, quen a transporta e canto se debe a cada quen. GeoParcel é unha web forestal: funciona na nube, dende o navegador, sen instalar nada.
Serve fóra de Galicia?
GeoParcel naceu en Galicia e hoxe traballa con empresas galegas: os permisos de corta preséntanse en Corweb, o servizo da Xunta. O catastro, o SIXPAC, os lotes, o transporte, a carta de porte, a EUDR e as liquidacións non dependen da comunidade autónoma. Se traballas fóra de Galicia, escríbenos a contacto@geoparcel.es.
Para quen é?
Para rematantes, madeireiras, empresas de transporte de madeira, enxeñarías e xestores forestais, comunidades de montes e propietarios. Cada quen contrata os módulos que precisa.
Outras solucións
Permisos de corta en Galicia
Prepara e presenta en Corweb os permisos de corta da Xunta dende o proxecto.
Carta de porte dixital (DeCA)
O documento de control de cada viaxe de madeira, emitido dende a reserva e con QR.
Transporte de madeira
Reservas, portal gratuíto para transportistas, albarás e GPS da flota.
Declaración EUDR da madeira
A declaración de dilixencia debida do regulamento europeo, dende a propia viaxe.
Rematantes e madeireiras
Lotes, pilas, toneladas fronte ao permiso, certificación FSC e PEFC, e liquidacións.
Serradoiros, estilladoras e parques
A carta de porte e a EUDR dos teus subministradores, verificables co seu QR. Módulo propio en desenvolvemento.
Cubicación forestal
Volume e existencias de madeira por especie a partir das túas medicións de campo.
Visor catastral e de afeccións
Catastro, SIXPAC e afeccións de calquera parcela, no móbil.