Programa para rematantes e madeireiros
Do lote comprado ao último camión liquidado: GeoParcel leva nunha soa conta a compra, os permisos, as pilas, o transporte e o que se lle debe a cada operario, transportista, cliente e provedor.
Rematantes e madeireiras
- Lotes de compra cos seus proxectos, as súas parcelas e a súa documentación
- Pilas situadas no mapa, cos seus operarios de corta e de saca
- Toneladas cargadas fronte ás autorizadas no permiso, por especie
- Certificación FSC e PEFC da madeira de cada carga
- Rexistro de albarás con peso, cliente, parque de destino e certificación
- Liquidación de operarios, transportistas, clientes e provedores coa tarifa vixente o día de cada carga
Crea a túa conta Comeza dende o navegador, sen instalar nada.
Preguntas frecuentes
Como sei canto queda de cada permiso?
Cada finca certificada amosa, por especie, as toneladas autorizadas, as xa rexistradas en albarás e as das viaxes reservadas que aínda non teñen albará.
Podo traballar co meu equipo?
Si. O teu equipo entra na mesma conta, cada persoa cos módulos que lle asignes, e os cambios vense ao momento en todos os dispositivos.
Serve para a madeira que compro a provedores?
Si. Os albarás de provedor rexístranse coa finca de orixe da madeira, que queda gardada no seu catálogo para os seguintes.
Outras solucións
Programa de xestión forestal
Toda a empresa forestal nunha conta: parcelas, permisos, madeira, transporte e liquidacións.
Permisos de corta en Galicia
Prepara e presenta en Corweb os permisos de corta da Xunta dende o proxecto.
Carta de porte dixital (DeCA)
O documento de control de cada viaxe de madeira, emitido dende a reserva e con QR.
Transporte de madeira
Reservas, portal gratuíto para transportistas, albarás e GPS da flota.
Declaración EUDR da madeira
A declaración de dilixencia debida do regulamento europeo, dende a propia viaxe.
Serradoiros, estilladoras e parques
A carta de porte e a EUDR dos teus subministradores, verificables co seu QR. Módulo propio en desenvolvemento.
Cubicación forestal
Volume e existencias de madeira por especie a partir das túas medicións de campo.
Visor catastral e de afeccións
Catastro, SIXPAC e afeccións de calquera parcela, no móbil.